jueves, 24 de febrero de 2011

PINCHUIADA NO VAL DE TEBRA!

O pasado día 11 celebramos a posta en marcha desta asociación cunha degustación de pinchos na nosa taberna, que non tería lugar sen a colaboración de todos os socios e veciños do val de Tebra. Unha noite na que a música de charanga non podía faltar, nin tampouco esa marabillosa sangría que puidemos disfrutar.

Gracias a todos e todas polas vosas aportacións. Sen dúbida este é o comezo dunha chea de actividades e dende aquí lembrámosvos que non esquezades apuntarvos ao roteiro que se levará a cabo o vindeiro sábado 26.
Pasarémolo en grande!

Aquí vos deixamos este video da Sarah que non ten desperdicio! Impresionante o ben que canta! Bravísimo!



Un pouco de charanga nunca vén mal...


domingo, 6 de febrero de 2011

I ROTEIRO TRANKLLADA

Aquí vos deixamos o cartel do primeiro roteiro Trankllada, que se levará a cabo o día 26 de Febreiro e promete moito!


MAGOSTO NO VAL DE TEBRA

O pasado 12 de Novembro disfrutamos dunha xornada de Magosto ESPECTACULAR! Castañas asadas, filloas á pedra, torresmos... e todo isto amenizado con música de charanga e a arte das pandereiteiras do baixo miño. 
Que máis podiamos pedir?