viernes, 23 de diciembre de 2011

RE_AKCIÓN


O 6 xaneiro a partir das 12h da maña, no Torreiro de S.Salvador de Tebra

UN NENO => UN XOGUETE => UN SORRISO

Tranklleiros animádevos e correde a voz, seguimos recollendo xoguetes e libros en bo estado para sorprender os nenos que se acerquen ese día.

jueves, 17 de noviembre de 2011

MOSTRA DO EMILIO


Un novo artista de Tebra,desta vez de Santa María, móstranos algo da súa obra estes días na nosa sede, é dicir, na taberna.
Pasádevos a vela porque a verdade é que SORPRENDE. Non vos vai a deixar indiferente toda a cantidade de cores que amosa na súa obra REIVINDICATIVA. Ademais a maioría dos lienzos están feiros de material de REFUGALLO.
MENUDO ARTISTAZO!!!

viernes, 11 de noviembre de 2011

TRANKLLADA NO FARO DE VIGO

No Faro de Vigo de hoxe, no especial Entre Ríos, pódese ver unha reportaxe sobre a nosa asociación.
A verdade é que é todo un orgullo que en menos dun ano de existencia da asociación xa nos puidemos dar a coñecer nos medios de comunicación. Isto non é por casualidade se non que é froito dun traballo en equipo no que cada un vai aportando o seu granciño de area.
MOITOS PARABÉNS A TOD@S @S TRANKLLEIR@S!!!

miércoles, 5 de octubre de 2011

ROTEREIXO OUTUBRO


Untitled from TRANKLLADA SONGZ on Vimeo.
Impresionantes foron os arredor de 10 kilómetros que nos levou pola ribeira do río Cereixo. O roteiro comezou conmemorando a un dos membros da asociación (o Barreras) co distintivo dun pin-xabaríl pola súa gran labor "fozadora" na limpeza da ruta.
Lembrar que todos os primeiros sábados de mes podemos disfrutar de novo deste marabilloso percorrido.

O LANZO DA CRUS

Roteiro Lanzo da Crus 05 06 2011 from TRANKLLADA SONGZ on Vimeo.

Aquí podemos ver o que deu de si o roteiro do Lanzo da Crus que nos levou por Sobrada e arredores no pasado mes de xuño.

jueves, 22 de septiembre de 2011

viernes, 26 de agosto de 2011

DJEMBE


A partires do 1 de setembro impartiranse clases de djembe na taberna Val de Tebra tódolos xoves a partires das 22 horas. Para máis información poñerse en contacto coa asociación ou pasarse directamente pola taberna.


miércoles, 17 de agosto de 2011

II FESTIVAL TRANKLLADA SonGz







O RIO CEREIXO EN IMAXES


ROTEIRO POLO RÍO CEREIXO from TRANKLLADA SONGZ on Vimeo.
Roteiro polo río Cereixo ó seu paso por Tebra.
Lembrarvos que este roteiro vaise a repetir tódolos primeiros sábados de cada mes, gracias á colaboración da xente da asociación que estivo preparando esta ruta nos seus ratos libres.

jueves, 28 de julio de 2011

EXPOSICIÓN DE PINTURA: ÁNGEL

Nova exposición de pintura no Val de Tebra, desta vez o autor é Ángel.
Pasádevos a visitala que vale moito a pena!!!

miércoles, 27 de julio de 2011

DEMOSTRACIÓN DE SALTOS


Puenting Tranklleiro 23 Xullo 2011 from TRANKLLADA SONGZ on Vimeo.
O pasado sábado os socios máis atrevidos (ou os máis tolos..jej..) pegaron o gran salto na ponte vella de Tui e Portugal. Para quen teña dúbidas se foi verdade ou non, aquí se pode demostrar o gran valor destas e destes Tranklleir@s.
Noraboa a tod@s @s que saltaron!

lunes, 16 de mayo de 2011

I XOGOS POPULARES E MERCADILLO


No Val de Tebra celebramos a primeira xornada de mercadillo e de xogos populares organizada pola nosa asociación.
No mercadillo podíamos atopar roupa e outros obxectos a prezos simbólicos co que pretendemos reutilizar cousas que uns non necesitan pero que lles poden servir a outra xente.
Nos xogos populares puidemos ver como se xuntan rapaces e rapazas de curta idade xogando con persoas maiores, lembrando os xogos de antes como "o trompo", "a corda", "a rá", "a pesca de botellas"...
Todas e todos disfrutamos a lembranza de xogar con estes xogos que non debemos esquecer e que hai que poñer en práctica de cando en vez co gallo de que non periguen de caer no olvido.
Hai que resaltar a boa labor da organización e de toda a xente que participou para que todo saíse á perfección.

domingo, 10 de abril de 2011

VAL DE TEBRA - CASA KIKE

ROTEIRO VAL DE TEBRA-CASA KIKE from trankllada on Vimeo.


Primeiro roteiro organizado pola nosa asociación que nos levou dende San Salvador de Tebra ata o lugar de Couso, atravesando o monte Tetón e visitando os seus petroglifos.

viernes, 8 de abril de 2011

CALENDARIO DE ACTIVIDADES


Aquí podedes ver o calendario das próximas actividades previstas da nosa asociación.
Non deixedes de mirar o blogue porque seguramente vaian xurdindo algunhas outras que non están previstas neste momento.

sábado, 12 de marzo de 2011

EXPOSICIÓN DE PINTURA NA TABERNA!

Durante estes días, todo aquel que visite a nosa taberna do Val de Tebra poderá deleitarse coas pinturas do grande artista local  BASILIO CALZADO.



Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos seus marabillosos traballos.
Non vos perdades esta fantástica colección!


 

jueves, 24 de febrero de 2011

PINCHUIADA NO VAL DE TEBRA!

O pasado día 11 celebramos a posta en marcha desta asociación cunha degustación de pinchos na nosa taberna, que non tería lugar sen a colaboración de todos os socios e veciños do val de Tebra. Unha noite na que a música de charanga non podía faltar, nin tampouco esa marabillosa sangría que puidemos disfrutar.

Gracias a todos e todas polas vosas aportacións. Sen dúbida este é o comezo dunha chea de actividades e dende aquí lembrámosvos que non esquezades apuntarvos ao roteiro que se levará a cabo o vindeiro sábado 26.
Pasarémolo en grande!

Aquí vos deixamos este video da Sarah que non ten desperdicio! Impresionante o ben que canta! Bravísimo!



Un pouco de charanga nunca vén mal...


domingo, 6 de febrero de 2011

I ROTEIRO TRANKLLADA

Aquí vos deixamos o cartel do primeiro roteiro Trankllada, que se levará a cabo o día 26 de Febreiro e promete moito!


MAGOSTO NO VAL DE TEBRA

O pasado 12 de Novembro disfrutamos dunha xornada de Magosto ESPECTACULAR! Castañas asadas, filloas á pedra, torresmos... e todo isto amenizado con música de charanga e a arte das pandereiteiras do baixo miño. 
Que máis podiamos pedir?

viernes, 21 de enero de 2011

PLAYING FOR CHANGE



Neste vídeo pódese ver como distintos músicos da rúa de diferentes países se unen para tocar e cantar un mesmo tema.
Lembrar que o vindeiro día 30 de xaneiro se celebra o DÍA DA PAZ.